As delegacións de Pastoral Penitenciaria de Galicia ofrecen unha nova xornada de formación do voluntariado, nesta ocasión baixo o título «Persoas estranxeiras en prisión: estratexias e reinserción». O encontro será este sábado 7 de febreiro no Mosteiro de San Martín Pinario (Praza da Inmaculada, 5), en Santiago de Compostela.
A xornada, que está aberta a todos e que se corresponde coa súa duodécima edición, comezará ás 10 da mañá. Tras unha oración inicial, arrancarán as ponencias, que nesta ocasión van estar impartidas por María del Puerto Solar, recoñecida xurista de institucións penitenciarias. A xornada concluirá sobre as 6 da tarde cunha mesa redonda, titulada “ser estranxeiro nun cárcere español”, onde se poderán coñecer de primeira man testemuños de persoas estranxeiras privadas da liberdade en prisións de Galicia.
Pretende, xunto á formación e o encontro dos voluntarios que soen participar nas actividades de pastoral penitenciaria, extender e difundir o traballo tan valorado que se fai nos cárceres, nas familias e no acompañamento dos presos, tanto no cárcere como na súa saída.
Para poder asistir é necesario inscribirse, escribindo ó correo electrónico galiciapastoralpenitenciaria@gmail.com ou anotándose a través do seguiente formulario. O coste de participación é de 5 euros e a comida de 20 euros.