9 de Outubro de 2024

,

San Dionisio
9 de Outubro de 2024

,

San Dionisio

150 anos da fundación das Servas de San Xosé

150 anos da fundación das Servas de San Xosé
FOTO.- Comunidad de las Siervas de San José en Vigo, tras la celebración de la eucaristía | © Diocese de Tui-Vigo

Coincidindo co nacemento de santa Bonifiacia, fundadora da congregación das Servas de San Xosé, o 6 de xuño, o templo parroquial da nosa Señora das Neves en Vigo acolleu a eucaristía de acción de grazas polo 150 aniversario da fundación da congregación das «xosefinas». O bispo e administrador apostólico de Tui-Vigo, Mons.  Luís Quinteiro, presidiu esta celebración na que deu grazas pola presenza, durante 90 anos, das Servas de San Xosé na diocese tudense a través do colexio situado no barrio obreiro de Teis . 

Durante a súa intervención, o prelado Mons. Luís Quinteiro expresou que a vida de santa Bonifacia estivo «chea de fascinación e de dificultade». A través dunha vida escondida, desde o seu taller, a fundadora das Servas de San Xosé albiscou un camiño de Deus, que poucos comprenderon. Neste sentido, o bispo subliñou que «o cristián, en calquera época, ten que comprender a cruz. Santa Bonifacia iluminou a cruz co seu carisma», que incentivou a través do seu taller para a promoción e a evanxelización da muller traballadora.

A comunidade das Servas de San Xosé en Vigo está a vivir este acontecemento do 150 aniversario con ilusión, con alegría e con agradecemento. Para o colexio San Xosé da Guía está a ser «un ano de graza», no que dar a coñecer de maneira especial o carisma e os fundadores da congregación.

Isabel Hiebra, relixiosa das Servas de San Xosé en Vigo, explica que, 90 anos despois da súa chegada á cidade olívica perciben que «hai habido un impacto importante no barrio de promoción e de atención á persoa, de proximidade, de proximidade e, nunha publicación recente de Aquí Teis. Xornal do barrio, o que din é que sempre se sentiron como na casa: acollidos nunha vida e nun ambiente familiar, sinxelo, que é o noso talante e o noso estilo de vida. Foi un espazo de compartir, un fogar, unha familia».

150 aniversario de la fundación de las Siervas de San José | © Diocese de Tui-Vigo
« de 8 »

Esther Pérez, «xosefina» desde hai 55 anos

Esther Pérez, relixiosa das Servas de San Xosé desde hai 55 anos, naceu en Valladares, nunha familia con longa  «tradición de sacerdotes e de relixiosas», explica. Coñeceu á congregación grazas ao seu tío, «o cura», e graza a unha das súas tías que, como ela, seguiu o carisma de santa Bonifacia, converténdose na primeira viguesa, Serva de San Xosé.

A súa vocación naceu na súa familia, grazas ao coñecemento de Xesús que lle inculcaron de nena e que a levou a sentir fascinación pola vida de Cristo e polo seu Evanxeo. Nese contexto, coñece ás Servas de San Xosé e namórase de «o seu estilo, a súa forma de pensar, de entregarse. Chamoume moito a capacidade de servizo e do traballo ben feito que tiñan», calidades que puido observar no seu tío e na súa tía. Así, «chega un momento —lembra Esther— no que sentes que alto te chama desde o coñecemento que tes de Xesús e decídeste a probar algo distinto, unha entrega aos demais, un servizo á sociedade… Isto enchíame».

Amizade e agarimo son as palabras que acuden a Esther ao facer memoria agradecida destes 55 anos de vocación entregada. Neste tempo, destaca, especialmente, a vida en comunidade, que lle encantou desde o primeiro momento. Agora, a todas as persoas que se poidan estar a expor a vocación relixiosa les convida a «seguir adiante» para a descubrir, paso a paso, cal é o seu sitio na vida, da man de Xesús.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp