Escóitanos en directo, cada venres, ás 13:33 en COPE Vigo no 87.8 FM
Venres 18 de outubro de 2024 | Mañá, o mosteiro de San Xoán de Poio acolle o encontro interdiocesano de Pastoral Familiar, cuxa formación impartirá o vigués Fernando Vidal, doutor en Socioloxía e profesor da Universidade Pontificia de Comillas en Madrid. Con el, falaremos dos principais retos da Pastoral Familiar e do método «O reloxo das familias».
Tamén falaremos do itinerario catecumenal para persoas adultas que queiran recibir os sacramentos de iniciación cristiá que comeza hoxe, 18 de outubro. O vigairo de Pastoral, José Vidal, explicaranos en que consiste esta iniciativa.
Música: La fila — Hakuna Group Music.