«Coidade dos mares; coidade das súas xentes» é o lema co que a Igrexa celebra o Día das xentes do mar 2024. Esta xornada celébrase cada ano o 16 de xullo, coincidindo coa festa da súa patroa, a Virxe do Carme.
A Igrexa Católica presta a súa asistencia á xente do mar a través de Stella Maris, Apostolado do Mar. O seu obxectivo é ofrecer ao mariño “un fogar lonxe do fogar” e atenderlles nas súas necesidades sociais, culturais, laborais e espirituais. Ademais de a atención ás súas familias, especialmente no caso de poboacións mariñeiras.
Unha das actividades principais é a visita aos barcos durante o tempo que están en porto. Contáctase coas tripulacións para poñerse á súa disposición e saber as súas necesidades.
Nos portos pesqueiros préstase atención aos pescadores e as súas familias.