9 de Outubro de 2024

,

San Dionisio
9 de Outubro de 2024

,

San Dionisio

16 de xullo: Día das xentes do mar

16 de xullo: Día das xentes do mar

O 16 de xullo celébrase o Día das xentes do mar, coincidindo coa festa da súa patroa, a Virxe do Carme. «Non estades sós, non estades esquecidos» é o lema deste ano, un ano no que as dificultades das xentes do mar víronse acentuadas pola  Covid.

O departamento «Stella  maris» (Apostolado do Mar), dentro da Subcomisión Episcopal para as Migracións e a Mobilidade humana, foi o encargado de editar os materiais para esta Xornada.

En sintonía co lema da Xornada,  Mons. Luís Quinteiro  Fuiza, bispo de Tui-Vigo e promotor do «Stella  maris» (Apostolado do Mar) destaca na súa mensaxe para este Día que «nestes tempos difíciles para todos, e dunha maneira moi especial para os mariñeiros, o Apostolado do Mar quere estar preto de cada un dos homes e mulleres do mar para dicirvos que non estades sós, que non estades esquecidos».

Un labor na que a Igrexa leva empeñada 100 anos, pois  Stella  Maris, lembra o prelado, «cumpriu 100 anos con todos vós, e todos os que formamos esta gran familia queremos que sigades sentindo preto o corazón e o compromiso da Igrexa. Seguiremos remando xuntos nos camiños da dignidade e da xustiza, da liberdade e da solidariedade».

Para iso a Igrexa está presente dun modo moi próximo nas parroquias mariñeiras, nos portos de mar atendendo aos mariñeiros e ás súas familias, visitando os barcos cando chegan con mariñeiros que non coñecen a lingua e que necesitan cousas urxentes e a compañía de xente amiga. «Stella  Maris, o Apostolado do Mar, quere impulsar cada día a presenza da Igrexa en cada porto, en cada pobo mariñeiro, en todas as nosas parroquias próximas ao mar, porque a luz da fe é o mellor camiño para loitar pola dignidade da vida das nosas xentes do mar», resume  Mons. Quinteiro.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp