Escóitanos en directo, cada venres, ás 13:33 en COPE Vigo no 87.8 FM
Venres 22 de novembro de 2024 | Hoxe, falaremos da campaña de Cáritas Diocesana de Tui-Vigo, para axudar aos damnificados pola DANA; tamén falaremos da colecta convocada pola Conferencia Episcopal Española que se destinará a este mesmo fin. Para iso, estará connosco Javier Alonso Docampo, delegado episcopal de Acción Caritativa e Social.
Ademais, falaremos do Congreso nacional de Vocacións con Anxo Carniceiro, delegado de Pastoral Vocacional.