O sábado 20 de xullo, ás 11.00 horas, na catedral de Tui, o sacerdote de Ribadeo, Antonio Valín Valdés, será ordenado bispo e tomará posesión do seu novo cargo como prelado da diocese de tudense . Ao día seguinte, domingo 21 de xullo, ás 18.00 horas, o xa bispo titular presidirá unha misa estacional na concatedral-basílica de Vigo.
Nunha carta enviada a sacerdotes, asociacións e comunidades de vida relixiosa, a Vigairía Xeral da diocese de Tui-Vigo manifestou que se trata dun momento «emotivo de encontro e gratitude ao que está convidado o pobo de Dios que peregrina nesta diocese de Tui-Vigo: sacerdotes e diáconos, vida relixiosa e consagrada, axentes de pastoral, persoas pertencentes aos movementos e, en definitiva, todo o pobo fiel que pon rostro a esta Igrexa». Por iso, animan á participación, por exemplo, organizando a viaxe en autobús coas comunidades parroquiais ou cos diferentes arciprestados.
Os grupos organizados poderán dispoñer dun espazo reservado, a condición de que se inscriban antes do 12 de xullo, a través do correo electrónico tomadeposesion@diocesetuivigo.org ou do número de teléfono 627 068 962. Clicando na seguinte ligazón pódese descargar a folla de inscripción para cubrir os datos convenientemente.
A celebración tamén será retransmitida en directo a través de TRECE TV e da canle de Youtube da diocese de Tui-Vigo, para todas aquelas persoas que, por enfermidade, non poidan asistir, presencialmente, ao templo catedralicio.