25 de Abril de 2024

,

San Marcos
25 de Abril de 2024

,

San Marcos

Presentación Campaña Manos Unidas

Page 8

O arciprestado de Vigo-Fragoso celebra os 50 anos de Cáritas

O pasado decembro pechouse o cincuentenario de Cáritas, mais as parroquias continúan recollendo os froitos non só das celebracións deste aniversario, senón destes “50 anos camiñando cos pobres”. En concreto, o arciprestado vigués de Vigo-Fragoso, recolle este lema para organizar unha mesa redonda o próximo día 13 ás 19:00h. no Colexio “San Juan Bosco” das … Read more

José Antonio, emigrante retornado de Venezuela: “Deus tennos coidado, porque chegamos sen nada”

Orixinario de Ponferrada, José Antonio Fernández fixo a súa vida en Venezuela. Pai de familia, mestre con estudos de posgrao en Inglaterra e profesor de universidade por máis de 20 anos, a súa idea era desfrutar dunha merecida xubilación na súa residencia de Caracas. Mais a crise política, económica e social, a falta de garantías … Read more

XII Ciclo de Cine Social de Cáritas

Dende o luns 3 e ata o venres 7 de febreiro, o Cine Teatro Salesianos de VVigo (r/Venezuela, 3) acolle a “Semana de Cine Social” na súa 12ª edición, organizada por Cáritas Diocese de Tui-Vigo, con proxeccións gratuítas para escolares en sesión de mañá. Para os alumnos de Educación Primaria proxectarase a película “El viaje … Read more

Encontro de Pastoral Familiar: “As benaventuranzas no matrimonio”

O sábado 8 de febreiro, a Delegación de Pastoral Familiar organiza o segundo encontro para os axentes de cursillos prematrimoniais, matrimonios, sacerdotes e todos aqueles que estean interesados nesta pastoral a nivel persoal, parroquial ou diocesano. Nesta ocasión, o franciscano Miguel de la Mata, excelente comunicador e profesor do Instituto Teolóxico Compostelano, convidaranos a reflexionar … Read more

Xornada Mundial da Vida Consagrada

Un ano máis, o día 2 de febreiro, Festa da Presentación do Señor, a Igrexa convídanos a celebrar a Xornada Mundial da Vida Consagrada, este ano co lema “A Vida Consagrada con María, esperanza dun mundo sufrinte”. Como nos fai lembrar a carta para esta Xornada do Delegado Episcopal de Vida Consagrada na nosa Diocese, … Read more

“Toda historia humana é, dalgún xeito, historia divina”: a mensaxe do Santo Padre para a Xornada das Comunicacións Sociais

A Santa Sé vén de facer pública a mensaxe do Papa Francisco “A vida faise historia” para a 54 Xornada Mundial das Comunicacións Sociais, co gallo da celebración de san Francisco de Sales. Esta Xornada celebrarase, como cada ano, coincidindo coa festa da Ascensión do Señor; nesta ocasión, baixo o lema “Para que poidas contar … Read more

Xornada da Infancia Misioneira: “Con Xesús a Exipto: en marcha!”

O vindeiro 26 de xaneiro celebrarase a Xornada da Infancia Misioneira baixo o lema: “Con Xesús a Exipto: en marcha!”. Trátase dunha ocasión especial para promover a axuda recíproca entre os nenos do mundo, mediante actividades misioneiras nas escolas e parroquais coas que se fai posible educar na fe e a solidariedade coa misión, esperando … Read more

O día 26 celébrase por primeira vez o Domingo da Palabra de Deus

O pasado 30 de setembro, o Papa Francisco instituía el Domingo da Palabra de Deus mediante o Motu Proprio “Aperuit Illis”. Nel establécese “que o III Dominho do Tempo Ordinario estea adicado á celebración, reflexión e divulgación da Palabra de Deus”. Este ano trátase do vindeiro 26 de xaneiro. A data non é casual: ao … Read more

“A Igrexa, aínda perseguida, comprendida e pecadora, non cansa de acoller”: as palabras do Papa na audiencia deste mércores

Durante a Audiencia Xeral deste mércores na Aula Paulo VI do Vaticano, o Papa Francisco concluíu o seu ciclo de catequeses sobre os Feitos dos Apóstolos reflexionando sobre a última etapa misioneira de san Paulo, na que trala travesía chea de perigos e sufrimentos chega a Roma, onde experimenta a acollida da comunidade cristiá e … Read more

O programa de actos do Instituto Teolóxico con ocasión da celebración de San Tomé de Aquino

O vindeiro venres 24 de xaneiro o Instituto Teolóxico “San Xosé” de Vigo celebrará a festa de san Tomé de Aquino, patrón dos teólogos. O programa de actos iníciase cunha celebración eucarística ás 12:00h. na Capela do Seminario Maior, presidida polo Bispo da Diocese, D. Luis Quinteiro Fiuza. A continuación o Salón de Actos acollerá … Read more

Semana de oración pola unidade dos cristiáns

Alomenos unha vez por ano, convídase aos cristiáns a evocar a oración de Xesús para os seus discípulos: “para que todos sexan un” (Xoán 17, 21). Os corazóns conmóvense e os cristiáns reúnense para orar pola unidade dos católicos, ortodoxos e grupos nacidos da reforma protestante. As congregacións e parroquias de todo o mundo, sobre … Read more

A Parroquia da Soidade acolle a tradicional bendición das mascotas por San Antón

Para satisfacer a petición que cada ano realizan numerosas persoas, o párroco da viguesa Parroquia Nosa Señora da Soidade, mons. Alberto Cuevas, realizará ás 18:00h. do vindeiro venres día 17, no atrio do templo do Castro, a tradicional bendición das mascotas co gallo da celebración do día de Santo Antón, patrón dos gandeiros, veterinarios e … Read more

XXI Xornada Interdiocesá de Capeláns Hospitalarios

O Secretariado Interdiocesano de Pastoral da Saúde, dirixido polo Delegado de Pastoral da Saúde en Tui-Vigo, D. Juan Benito Rodríguez, vén de convocar a XXI Xornada Interdiocesá de Capeláns Hospitalarios, na que se presentará e “traducirá” á práctica habitual no Hospital o documento que o pasado decembro presentou a Comisión de Familia e Vida da … Read more

Conclúe o cincuentenario de Cáritas Diocesana cun acto no Cine Salesianos

Cun grande acto de clausura pechábanse onte no Cine Salesianos de Vigo as celebracións que ao longo destes meses ten desenvolvido Cáritas Diocesana con motivo do 50 aniversario da súa presenza activa na nosa Diocese. O acto comezou cunha conferencia sobre o compromiso e a participación social na vida da Igrexa, pronunciada polo cardeal arcebispo … Read more

Publicada a mensaxe do Papa Francisco para a Xornada Mundial do Enfermo do vindeiro mes

O pasado venres publicouse a mensaxe do Santo Pai para a próxima Xornada Mundial do Enfermo, que celebra a súa edición número 28 o vindeiro 11 de febreiro. O título da mensaxe correspóndese coas palabras do Evanxeo: «Vinde a min tódolos que estades cansos e oprimidos, e eu vos aliviarei»  (Mt 11, 28) Estas palabras … Read more

Clausura do cincuentenario de Cáritas e recoñecementos de gratitude

O próximo xoves 9 de xaneiro, o Cine Salesianos de Vigo vístese de gala para dar comezo, ás 19h, aos actos de clausura da conmemoración dos 50 anos que Cáritas cumpriu na nosa Diocese. A esa hora terá lugar unha conferencia do Cardeal Arcebispo de Barcelona, Monseñor Juan José Omella y Omella, co título “Compromiso … Read more