6/10/2022

,

San Bruno
6/10/2022

,

San Bruno

250 fieis de Tui-Vigo peregrinan a Fátima co seu bispo

250 fieis de Tui-Vigo peregrinan a Fátima co seu bispo
Foto: Banco de imágenes © Cathopic

Cun grupo de 250 fieis da diocese peregrinará o bispo de Tui-Vigo, Mons. Luís Quinteiro Fiuza, ao santuario de Fátima, en Portugal, do 16 ao 18 de setembro. O obxectivo é orar polos falecidos a causar da Covid-19, pedir pola paz no mundo e celebrar momentos de acción de grazas post-covid.

O delegado diocesano de Pastoral de Santuarios e Turismo, o sacerdote Fernando Cerdeira, lembra, nun comunicado publicado na web diocesana o pasado mes de xuño, que «todos temos moitas necesidades, moitos desexos de bondade, moitas ganas de ser mellores e, contando coa nosa Nai, todo será máis fácil».

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp