16 de Xaneiro de 2025,
San Marcelo I

En 2025, a diocese de Tui-Vigo reitera o seu compromiso coa creación de espazos seguros  

En 2025, a diocese de Tui-Vigo reitera o seu compromiso coa creación de espazos seguros  

Con motivo do comezo deste novo ano 2025, a diocese de Tui-Vigo quere reiterar o seu compromiso coa creación de espazos seguros nos diferentes ámbitos eclesiais. Este compromiso materializouse en accións concretas que, agora, a Igrexa diocesana continuará reforzando e consolidando, para responder as demandas da actual sociedade.

No ano 2021, constituíuse a Comisión Abeiro para a protección e acompañamento de menores e adultos vulnerables. Esta oficina pode levar a cabo a súa misión grazas a   o labor dun equipo multidisciplinar que ofrece unha atención integral, seguindo os protocolos de actuación aprobados pola Conferencia Episcopal Española.

Nesta liña, para dar resposta ás esixencias ou obrigacións que implica o cumprimento normativo —compliance— sobre boas prácticas, a Igrexa diocesana de Tui-Vigo, en colaboración co bufete vigués Gándara Moure, puxo en marcha, no ano 2024, unha «canle ética», a través do cal pódese facer chegar calquera denuncia e/ou consulta.

Mediante ambos os mecanismos, a diocese de Tui-Vigo quere promover a transparencia das súas accións e crear contornas seguras para a súa misión. Así mesmo, a Igrexa agradece a xenerosidade de tantos homes e mulleres que entregan o seu tempo e os seus talentos á causa do Evanxeo.