28 de Maio de 2024

,

San Germán de París
28 de Maio de 2024

,

San Germán de París

450 anos da Santa Casa de Baiona

450 anos da Santa Casa de Baiona
FOTO.- El obispo de Tui-Vigo junto a varios miembros de la Hermandad de la Santa Casa de Baiona | © Diocese de Tui-Vigo

Co cartel de “completo” colgado e xente participando desde o limiar da porta, a capela da Misericordia de Baiona acolleu, o pasado 5 de abril, a eucaristía de acción de grazas con motivo do 450 aniversario da Irmandade da Santa Casa de Paz e Misericordia que presidiu o bispo de Tui-Vigo, Mons. Luís Quinteiro Fiuza. Alegría, emoción e orgullo impregnaban o ambiente ante a celebración dunha efeméride que converte a esta irmandade baionesa nunha das máis antigas de Galicia.

Paco Núñez, secretario da Santa Casa de Baiona, daba comezo á celebración facendo memoria agradecida dunha historia que se remonta ao século XVI. A irmandade nace por iniciativa de personalidades relevantes da época, para liquidar problemas de carácter social daquel momento, poñendo así en práctica as obras de misericordia que establece a Igrexa Católica —en total destácanse 14 accións caritativas ou modos de axudar ao próximo—, entre elas atender ao enfermo, dar para comer á famento e, en especial en ocasións, enterrar aos defuntos.

Durante a súa intervención, tras a lectura do Evanxeo, o bispo de Tui-Vigo convidou a todos os fieis, e de forma especial aos membros da Santa Casa, a «revivir e renovar a historia da irmandade para que teña vitalidade e conecte coa realidade do momento». Así, exhortaba aos presentes a non acomplexarse de ser cristiáns e compracerse da súa identidade, da Irmandade da Santa Casa e da capela da Misericordia, porque «a vida do cristián, cando é auténtica, ten un sentido pleno».

Entre as persoas que participaron nesta celebración, estaba Roberto Leyenda, ao mando do Coro de Homes  Voces Baionesas, que, con 16 anos, comezou a formar parte da Irmandade da Santa Casa, da que é xefe de costeleiros e membro do cabido desde hai 14 anos. Para Roberto é un orgullo formar parte desta realidade da Igrexa: «gústame tanto isto que dou todo o que sexa», a pesar de que ás veces hai altos e baixos. Agora, sabe que toca pasar a testemuña aos mozos para continuar, como dicía o bispo, transmitindo a fe ao mundo de hoxe.

Na actualidade, a Irmandade da Santa Casa de Paz e Misericordia de Baiona está formada por 1.438 irmáns que colaboran de forma desinteresada nas diferentes tarefas e un cabido composto por 14 membros que xestionan a irmandade. A Santa Casa participa moi activamente en moitos aspectos da vida baionesa, mediante a preparación dos pasos da Semana Santa ou a elaboración das alfombras e do altar da celebración do Corpus Christi. De maneira especial, destaca, con moito orgullo, o labor que realizan, desde hai 450 anos, de dar sepultura aos defuntos.

450 aniversario de la Santa Casa de Baiona | © Diocese de Tui-Vigo
El obispo de Tui-Vigo, Mons. Luis Quinteiro, presidió la eucaristía en la capilla de la misericordia con motivo del 450 aniversario de la Santa Casa de Baiona.
« de 10 »
Facebook
Twitter
Email
WhatsApp