14/08/2022

,

San Maximiliano Kolbe
14/08/2022

,

San Maximiliano Kolbe

5 novos confrades para a confraría de Santiago Apóstolo de Vigo

5 novos confrades para a confraría de Santiago Apóstolo de Vigo

O vindeiro domingo, 23 de maio, a confraría do Santiago Apóstolo de Vigo celebrará a festividade da aparición do apóstolo en Clavijo cunha eucaristía presidida polo bispo de Tui-Vigo,  Mons. Luís Quinteiro Fiuza, ás  19:30 horas no templo parroquial situado na avenida García  Barbón.

Durante a celebración, terá lugar o acto de imposición de medallas aos 5 novos confrades que, desde o domingo, pasarán a formar parte da confraría comprometéndose así a fomentar o culto ao Apóstolo Santiago, estimular a peregrinación na súa dimensión cristiá e prestar atención e orientación aos peregrinos.

Esta confraría, fundada no ano 2000, conta na actualidade con máis de oitenta membros que, ao longo de todo o ano, tratan de promover o culto ao apóstolo, sobre todo, con motivo dos seus tres grandes celebracións:  a aparición en Clavijo, o 23 de maio; a solemnidade do Apóstolo, o 25 de xullo; e a translación dos seus restos, o 30 de decembro.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp