16 de Xuño de 2024

,

Juan Francisco de Regis
16 de Xuño de 2024

,

Juan Francisco de Regis

6 novos confrades para a confraría de Santiago Apóstol en Vigo

6 novos confrades para a confraría de Santiago Apóstol en Vigo
FOTO.- Nuevos cofrades del apóstol Santiago, junto con el párroco y consiliario José Antonio Marzoa

Cada ano, o 23 de maio, a confraría de Santiago de Vigo celebra a festa da aparición do apóstolo na batalla de Clavijo. Con motivo desta festividade, durante a eucaristía da tarde do xoves 23, realizouse  a imposición de medallas a 6 novos confrades que, así, pasan a formar parte da confraría comprometéndose así a fomentar o culto ao Apóstolo Santiago, estimular a peregrinación na súa dimensión cristiá e prestar atención e orientación aos peregrinos.

A confraría de Santiago de Vigo, que na actualidade conta con 139 membros, naceu no ano 2000 para promover o culto ao apóstolo, sobre todo, con motivo das súas tres grandes celebracións:  a aparición en Clavijo, o 23 de maio; a solemnidade do Apóstolo, o 25 de xullo; e a translación dos seus restos, o 30 de decembro. A confraría viguesa, que está agregada á Archiconfraría Universal do Glorioso Apóstolo Santiago, con sede en Compostela . prepárase xa para a celebración das súas vodas de prata, é dicir, o 25 aniversario da súa fundación, o próximo ano 2025.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp