Cada ano son máis as persoas que mostran o seu apoio e confianza na Igrexa católica a través da súa declaración da renda, grazas a un sinxelo xesto que resulta transcendental para axudar a quen máis o necesita. A Igrexa agradece de corazón a confianza dos contribuíntes e convida a seguir colaborando ante o aumento das necesidades sociais.
Os resultados da asignación tributaria rexistrados a favor da Igrexa na Declaración da Renda de 2021 (IRPF 2020) poñen de manifesto un aumento no número de contribuíntes que confían na Igrexa católica: un total de oito millóns e medio de persoas (40.078 máis), o que supón, contando as presentacións conxuntas, un total de 7.337.724 de declaracións a favor da Igrexa (o 31,57%).
Facer máis con menos
A pesar de aumentar o número de apoios, a cantidade destinada polos contribuíntes á Igrexa católica descende en 5,58 millóns respecto ao ano anterior e sitúase nos 295,5 millóns de euros. Este descenso reflicte a deterioración económica ocasionada pola pandemia que, ademais do altísimo custo en vidas humanas, implicou un descenso moi significativo da actividade económica.
En relación co importe asignado, produciuse un incremento da cantidade recadada en oito Comunidades Autónomas, destacando Andalucía, Castela A Mancha, Murcia e Aragón. As Comunidades que máis achegan ao sostemento da Igrexa son Madrid (87,67 millóns de euros), Andalucía (41,95 millóns) e Cataluña (33,25 millóns).
Transparencia
A Igrexa católica dá conta do destino de todo o diñeiro que recibiu dos contribuíntes na súa memoria anual de actividades, a través da Oficina de Transparencia da CEE e o seu portal www.transparenciaconferenciaepiscopal.es.
Fonte: Portal xTantos.