Escóitanos en directo, cada venres, ás 13:33 en COPE Vigo no: 87.8 FM | 104.7 FM | 900 OM.
Venres 24 de marzo de 2023 | A delegación diocesana de Pastoral Familiar organizou unha serie de actos para visibilizar e celebrar esta Xornada pola Vida, que comezarán ás sete da tarde na parroquia do Corazón de María. Para falar deste tema estará connosco Luís Arenas Villarroel, médico alergólogo e pai de familia, que impartirá a conferencia «Apostando pola vida»; tamén compartirá os micrófonos de COPE Vigo Josefina, nai de tres, o primeiro diagnosticado de espiña bífida durante o sexto mes de embarazo.
Música: Thak God I do — Lauren Daigle.