18 de Abril de 2024

,

San Perfecto
18 de Abril de 2024

,

San Perfecto

#96🎙 | Ata onde chega a devoción a Santo Telmo?

#96🎙 | Ata onde chega a devoción a Santo Telmo?

Venres 28 de abril de 2023 | Ata onde chega a devoción a Santo Telmo? A Pontificia Universidade Católica de Porto Rico está a tratar de recuperar a antiga devoción portorriqueña polo beato Pedro González Telmo, tras o achado dun gravado do patrón da nosa diocese na igrexa de San Xosé, no Vello San Xoán.

Hoxe, falamos co músico Hermelindo Ruiz que con motivo deste descubrimento creou unha obra musical en honra a Santo Telmo. Unha obra que ademais conta coa participación de Samuel Diz, director do proxecto Música non Claustro da catedral de Tui.

Tamén falaremos da actualidade máis destacada no territorio diocesano: o «Curso Alpha para Parellas», que organiza a delegación de Pastoral Familiar; e as Xornadas Teolóxicas, que organiza o Centro Teolóxico «San Xosé» de Vigo.

Música: A ti te digo — Raúl Tinajero.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp