18 de Maio de 2024

,

San Juan I
18 de Maio de 2024

,

San Juan I

#98🎙 | Como celebran os sacerdotes as súas vodas de diamante, ouro e prata?

#98🎙 | Como celebran os sacerdotes as súas vodas de diamante, ouro e prata?
FOTO.- Renovación de la consagración del Seminario al Sagrado Corazón de Jesús.

Escóitanos en directo, cada venres, ás 13:33 en COPE Vigo no: 87.8 FM | 104.7 FM | 900 OM.

Venres 12 de maio de 2023 | Como cada 13 de maio, desde 1921, a diocese de Tui-Vigo celebra a consagración do Seminario de Tui ao Sagrado Corazón de Xesús. Co paso do tempo, esta converteuse nunha escusa para homenaxear a aqueles sacerdotes que, durante o ano, celebran as súas vodas de diamante, ouro e prata.

Este ano, ao caer o 13 maio o sábado, a festa trasladouse ao pasado mércores, 10 de maio, coincidindo coa festa de santo Xoán de Ávila, patrón, do clero español.

Ata o Seminario Menor «San Paio» de Tui, trasladámonos para recompilar testemuños dalgúns dos sacerdotes homenaxeados este ano, pero tamén doutros presbíteros que nos contan como viven esta festa da consagración do Seminario ao Sagrado Corazón.

Música: Deus te salve Maria — Cristóbal Fones SJ.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp