Escóitanos en directo, cada venres, ás 13:33 en COPE Vigo no: 87.8 FM | 104.7 FM | 900 OM.
Venres 19 de maio de 2023 | Hoxe, falaremos dunha desas actividades imprescindibles que desenvolve a Igrexa católica en España: a catequese, é dicir, o proceso de formación e acompañamento de nenos e mozos durante a súa iniciación cristiá. Connosco compartirá micrófonos, Ana Dacosta que, con dezasete anos, é catequista na súa parroquia de Santiago de Bembrive.
Tamén en relación á catequese, falaremos do Encontro Diocesano da Catequese que se desenvolverá mañá, sábado, no colexio dos maristas de Tui.
Música: Todo nuevo — Majo y Dan.