19 de Febreiro de 2026,
Beato Álvaro de Córdoba

Crónica da Xornada da Vida Consagrada en Tui-Vigo

Crónica da Xornada da Vida Consagrada en Tui-Vigo

O pasado 2 de febreiro, con motivo da XXX Xornada Mundial da Vida Consagrada e baixo o lema «¿A quén serves?», unhas 80 persoas nos reunimos nos Capuchinos de Vigo, convocadas por CONFER Tui-Vigo. Contamos coa grata compañía do noso bispo, Mons. Antonio Valín, para convivir e celebrar esta xornada.

Comezamos cun tempo de reflexión compartida, facendo memoria agradecida das persoas que marcaron a nosa vida. Evocamos os lugares e situacións onde somos presencia de Deus, tomando conciencia de quén é o motor da nosa vida, Xesús, e é o motivo polo cal nos acercamos a servir ós máis necesitados.

Despois dun sinxelo compartir en pequenos grupos, Enrique (Capuchino) presentounos a súa acción social. Destacou o proxecto «Café Capuchino», que ofrece acollida e atención a persoas en situación de vulnerabilidad e a importancia que ten a mirada e a acollida. 

Posteriormente, celebramos a Eucaristía xunto ós fregués da parroquia «Madre do Bo Pastor». Durante a misa, presidida polo noso bispo, os consagrados e consagradas renovamos os nosos votos. Na súa homilía, Mons. Antonio resaltou as «tres P» do Papa Francisco: Pregaria, Paciencia e Pobreza; Él añadiu unha cuarta, coa inicial A, da súa propia colleita: a Alegría, que debe estar presente na vida de todo crente para ser contaxiada. Concluimos o encontro cun chocolate fraterno.

Desexamos que a nosa vida consagrada siga sendo un servizo a Deus a través dos máis humildes. Agradecemos á Xunta a preparación deste día con tanto cariño, ó noso bispo pola súa cercanía e alegría e a todos os participantes, que con tanta ilusión fixemos posible este encontro.

Fr Edgardo César Quintana, OP

Presidente de la CONFER de Tui-Vigo