4/06/2020

,

San Francisco Caracciolo

A acción de Cáritas na nosa Diocese ante o coronavirus

A acción de Cáritas na nosa Diocese ante o coronavirus

No día do sacerdocio e do amor fraterno o Clero apoia o labor de Cáritas

Con motivo do Xoves Santo, día da institución do Sacerdocio, da Eucaristía e día do Amor Fraterno, o clero da Diocese de Tui-Vigo, como os demais presbiterios das dioceses galegas, decidiu realizar unha achega económica a Cáritas diocesana. Como é sabido nas celebracións deste día é costume realizar sempre nos templos unha colecta en favor dos máis necesitados. Como queira que este ano non será posible solicitar esas esmolas, por non celebrarse culto con presenza de fieis, por mor da situación actual, os sacerdotes desexan facer chegar a súa contribución a Cáritas diocesana, unha vez que se reúnan para celebrar xuntos a misa Crismal, agradecendo e apoiando deste xeito o valioso labor que realiza Cáritas, en todo tempo e máis nestes difíciles momentos da nosa sociedade e a nosa igrexa diocesana.

A acción de Cáritas na nosa diocese vai en aumento

Toda a acción de Cáritas na diocese neste tempo de Pandemia. Pódela ver toda pinchando eiquí

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
LinkedIn
Share on pinterest
Pinterest