A Escola Universitaria de Maxisterio de Vigo en colaboración coa Asociación Católica de Propagandistas ( ACdP) celebra o Día Internacional da Vida, o proximo xoves, 25 de marzo ás 18 horas da tarde.
A presentación do acto comezará ás 18 da tarde a cargo de Rafael Murillo Ferrer, secretario xeral da ACdP. Posteriormente, Ana Caíño Carballo, profesora da E.U. CEU de Maxisterio, presentará a conferencia «Consideracións médicas sobre o final da vida», impartida por Luís Areas Villaroel, médico alergólogo e bioeticista.
O acto concluirá coa mesa redonda «Consideracións xurídicas e éticas sobre o final da vida» que modera Fernando Caamaño Aramburo, xefe de Recursos Humanos. Nela participarán: Alberto Santos Hermo, licenciado en Belas Artes; Natalia Vérez Cotelo, doutora en Farmacia; e Javier Pascual, avogado.
Todas aquelas persoas interesadas en participar poderán facelo a través da canle de Youtube de ACdP España e tamén de maneira presencial con cita previa chamando ao teléfono de contacto 986 41 44 98.
