16 de Abril de 2024

,

Santa Engracia
16 de Abril de 2024

,

Santa Engracia

A Adoración Nocturna de Porriño celebra o seu centenario

A Adoración Nocturna de Porriño celebra o seu centenario
Foto: Adoradores de Porriño durante su última vigilia en el mes de agosto.

O vindeiro sábado, 10 setembro, ás 20 horas, a Adoración Nocturna (ANE) da parroquia de Santa María de Porriño celebrará os seus cen anos de fidelidade adorando á Eucaristía, cunha vixilia de oración presidida polo bispo de Tui-Vigo, Mons. Luís Quinteiro, á que tamén asistirán representantes do consello nacional e outras seccións da ANE.

Os actos previstos para o sábado comezarán ás 20 horas coa procesión de bandeiras desde a capela de san Benito ata o templo parroquial de Santa María. No transcurso da vixilia entregarase a insignia correspondente aos adoradores veteranos —para aqueles que asistiron a máis de 125 vixilias— e aos veteranos constantes —aqueles que suman máis de 250 vixilias—.

Nun comunicado publicado pola comunidade parroquial de Santa María de Porriño, expresaron que, esta efeméride, constitúe un momento de acción de grazas «polos froitos que, neste tempo, deu a Adoración Nocturna entre nós: na vida dos adoradores e adoradores desde a súa fundación, así como na vida da parroquia». Na actualidade, a sección da Adoración Nocturna de Porriño conta con preto de 30 adoradores que, acompañando a Xesús Eucaristía, senten «unha ledicia desbordante de esa intimidade co Señor», tal e como expresaba Cándido Lago, presidente da ANE de Porriño, no programa diocesano Igrexa Noticia de Tui-Vigo.

Nacemento da ANE de Porriño

A devoción a Xesús sacramentado na vila de Porriño está presente desde 1674, coa creación da Irmandade e Confraría do Santísimo Sacramento, fundada polo capitán Antonio de Lemos, veciño da cidade de Sevilla e natural de Porriño, xunto aos veciños da localidade e outros devotos. Non será ata 1922, cando se funde a ANE na comunidade parroquial de Porriño.

Segundo precisa Jesús María Fernández Rodríguez na súa obra Historia da parroquia da Inmaculada Concepción de Santa María de Porriño, «a noite do 11 ao 12 de setembro, nunha solemne vixilia presidida polo bispo Manuel Lago González e, coa asistencia das sección de Tui, Vigo, San Paio de Navia e Bouzas, inaugurouse a nosa sección adoradora cun grupo de 22 porriñeses».

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp