O sábado, 22 de outubro, ás 20 horas, a sección da Adoración Nocturna da comunidade parroquial de San Xurxo de Ribadetea conmemora o seu 25º aniversario, cunha vixilia solemne no templo parroquial. Ás 19:30 horas, realizarase a recepción de bandeiras das outras seccións da ANE que acudan á celebración destas vodas de prata que, nun primeiro momento, estaba convocada para o ano 2021, pero co gallo de a pandemia foi aprazada ata este outubro.
Eduardo Silva, presidente da Adoración Nocturna da diocese de Tui-Vigo, convida a todos os adoradores desta Igrexa diocesana a asistir a este solemne vixilia para «arroupar á quenda de Ribadetea e ao seu párroco, pois cando un sente o agarimo e apoio dos seus irmáns recobra unha sensibilidade e forza espiritual que lle axudar a servir con máis ímpeto a esas almas máis desfavorecidas. Espero que a unión de todos sexa signo de amor e caridade cristiá».