26/09/2022

,

San Cosme y San Damián
26/09/2022

,

San Cosme y San Damián

A ANFE de San Miguel de Oia celebra o seu 25º aniversario

A ANFE de San Miguel de Oia celebra o seu 25º aniversario
Foto: Banco de imágenes digital © Cathopic.

O sábado 9 de outubro, ás 21 horas,  a Adoración Nocturna Feminina da parroquia de San Miguel de Oia celebra o seu 25º aniversario cunha vixilia de acción de grazas que estará presidida polo bispo de Tui-Vigo,  Mons. Luís Quinteiro Fiuza.

Durante este intre de adoración eucaristía para conmemorar as vodas de prata desta sección da  ANFE, animarase a adoración co rezo do rosario, as vésperas ou o oficio de lectura, entre outros. Ademais, tamén haberá un momento de intercesión para pedir polas adoradoras falecidas ao longo destes 25 anos de crecemento.

Este grupo de adoradoras comezou a súa andaina en marzo de 1994 cunha vixilia para adorar á Eucaristía, aínda que esta sección da  ANFE non sería aprobada ata xullo de 1995. Nos seus inicios contou con 21 adoradoras. Na actualidade, o grupo está formado por 8 mulleres, 2 en proba e 8 honorarias, ás que acompaña, desde o ano 2017, o sacerdote Benito Rodríguez.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp