19 de Novembro de 2026,
San Abdías

A asociación «Amigos da catedral de Tui» convoca o XXVI Concurso de «Panxoliñas»

A asociación «Amigos da catedral de Tui» convoca o XXVI Concurso de «Panxoliñas»

A asociación «Amigos dá catedral de Tui», en colaboración co cabido catedral de Tui, convoca a XXVI edición do concurso de panxoliñas  da catedral tudense que terá lugar o domingo 3 de xaneiro de 2027 ás 17.00 horas, no templo catedralicio. A través deste certame, a asociación «Amigos da catedral de Tui» busca revitalizar as tradicións de Nadal, especialmente entre os máis novos.

Poderán participar no certame nenos e adolescentes, individualmente ou en grupo, que non superen os 16 anos de idade. Todos os concursantes interpretarán obrigatoriamente a panxoliña Cun sombreiro de palla ,  animando aos participantes para introducir unha estrofa relacionada coa celebración do 800 aniversario da consagración da catedral. A maiores, cada concursante ou agrupación interpretará outras dúas panxoliñas, sempre de temática relixiosa, nun tempo máximo de 15 minutos en total das tres panxoliñas.

A asociación «Amigos da catedral de Tui» será a encargada de designar o xurado, que repartirá tres premios por un importe de 200 , 125 e 75 euros, respectivamente.

O prazo para inscribirse finaliza o 19 de decembro de 2026 e os interesados en participar poden facelo enviando a folla de inscrición debidamente complementada a través do correo electrónico da asociación: amigoscatedraltui@gmail.com.  

A participación neste concurso supón a aceptación implícita das bases. Tanto a inscrición como as bases, poden consultarse a través das seguintes ligazóns.