9 de Outubro de 2024

,

San Dionisio
9 de Outubro de 2024

,

San Dionisio

A asociación «Amigos da catedral de Tui» e o cabido catedralicio convocan o XXII concurso de panxoliñas. 

A asociación «Amigos da catedral de Tui» e o cabido catedralicio convocan o XXII concurso de panxoliñas. 
Foto: © Banco de imágenes Pexels

A Asociación «Amigos da catedral de Tui», en colaboración con  o cabido de catedral de Tui, convoca a XXII edición do «concurso de panxoliñas » da catedral tudense que terá lugar o martes 3 de xaneiro de 2023 ás 17 horas. A asociación tudense recupera este certame do Nadal despois das restricións derivadas da pandemia para revitalizar as tradicións de Nadal, especialmente entre os máis novo.

As bases deste certame establecen que os participantes non deben superar os 16 anos de idade e interpretarán ata tres panxoliñas acompañas por calquera tipo de instrumento —aínda que sen uso de amplificación— cunha duración máxima de 15 minutos. Ademais, repartiranse tres premios por un importe de 150, 100 e 50 euros, respectivamente.

O prazo para participar finaliza o 21 de decembro de 2022 e os interesados en inscribirse poden facelo enviando a folla de inscrición debidamente complementada a través do correo electrónico da asociación: amigoscartedraltui@gmail.com

Tanto as bases deste XXIII concurso de panxoliñas  como as inscricións foron publicadas na web da asociación «Amigos da catedral de Tui», que se poden consultar a través da seguinte ligazón.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp