A Asociación sen ánimo de lucro AYUVI ten como finalidade a atención a nais xestantes e a nais con nenos de 0 a 3 anos en risco de exclusión social. É un lugar de acollida, axuda e acompañamento ás mulleres e ás súas familias nos primeiros momentos da maternidade. O pasado domingo 4 de maio, o programa da Televisión de Galicia, Polo camiño da fe, emitiu unha reportaxe sobre o labor que se realiza desde a asociación.
Polo camiño da fe
Programa producido polas cinco dioceses da Provincia Eclesiástica de Galicia e emitido todos os domingos ás 09:45 horas na Televisión de Galicia.