18 de Marzo de 2025,
San Cirilo de Jerusalén,

A asociación AYUVI recibe a visita do bispo de Tui-Vigo

A asociación AYUVI recibe a visita do bispo de Tui-Vigo
FOTO.- El obispo de Tui-Vigo, junto a las trabajadoras sociales y voluntarias de la asociación | © AYUVI

Desde hai 30 anos, a Asociación de Axuda á Vida (AYUVI) apoia a nais que se atopan en risco de exclusión social. O pasado luns 17 de febreiro, o bispo de Tui-Vigo, monseñor Antonio Valín, visitou as instalacións situadas na avenida Ramón Nieto, para coñecer o labor que desenvolven con mulleres xestantes ou con nenos de entre 0 a 3 anos.

Asociación de Axuda á Vida naceu no ano 1995 grazas a Adoración e un grupo de amigas que se deron conta do pouco apoio e cobertura que tiña o ámbito da maternidade. Ante a falta de recursos, tomaron a iniciativa de crealos e comezaron a atender a mulleres en risco de exclusión na trastenda da súa farmacia ata que, aos poucos, a voz foi correndo e a demanda crecendo, o que obrigou a buscar un espazo máis amplo no que desenvolver este labor de atención a nais xestantes. Tras pasar por varias localizacións, AYUVI instálase definitivamente na avenida Ramón Nieto no ano 2007 para converter en realidade o seu lema: «axudando a unha nai consolídase unha familia».