24 de Abril de 2024

,

San Fidel de Sigmaringa
24 de Abril de 2024

,

San Fidel de Sigmaringa

A banda de gaitas de Pontevedra comeza o ciclo «Concertos na esencia do camiño» na concatedral viguesa

A banda de gaitas de Pontevedra comeza o ciclo «Concertos na esencia do camiño» na concatedral viguesa

Acompañada polo bispo da Diocese de Tui-Vigo, Luís Quinteiro, e polo director da Banda de Gaitas, Hipólito Cabezas, a delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, adiantou que o vindeiro domingo, 4 de decembro a concatedral-basílica de Santa María de Vigo acollerá ás 20 horas, a primeira das actuacións deste ciclo.

Marta Fernández-Tapias sinalou que a iniciativa que vai levar a luz e a música da Banda de Gaitas da Provincia de Pontevedra a cinco recintos espirituais simbólicos, «completa unha programación que abarcou todos os campos, desde a cultura ata a faceta social, pasando polas iniciativas deportivas, e, agora, poñendo en valor o significado primordial do xacobeo que é a súa espiritualidade»

Pola súa banda o bispo Luís Quinteiro subliñou que a iniciativa recolle «a verdadeira esencial do camiño, na perspectiva que sempre lle corresponde e xa tivo desde os seus inicios, cando os peregrinos se dirixían a Santiago na procura da fe e atopaban nas igrexas do camiño axudan, morada, abrigo e comida»

Hipólito Cabezas, director da Banda de Gaitas, advertiu que ademais do concerto do próximo domingo en Vigo, están a xestionar poder celebrar actuacións semellantes, en datas aínda por concretar, nas igrexas de Santo Domingo en Tui, en Santa María de Baiona, no Mosteiro de Oia e na Basílica de Santa María de Pontevedra. Referíndose a a súa próxima actuación en Vigo concretou que se fará unha proxección de vídeo sobre as mesmas pedras do templo, á vez que se ouvirán belos poemas sobre o camiño de Santiago. Xunto á Banda de Gaitas, actuará Noelia Álvarez, o teor Fausto López e o coro Allegro de Vigo.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp