A catedral de Tui acollerá o domingo 28 de decembro ás 18:00 hrs., un concerto de Nadal a cargo da recoñecida fadista María do Ceo. Este concerto é organizado polo cabildo da catedral e forma parte dos diversos actos conmemorativos dos 800 anos da dedicación da catedral.
María do Ceo interpretará pezas emblemáticas do folclore galego como Por entre as silveiras e Os paxariños. Á súa vez os asistentes, poderán gozar de cancións portuguesas como Em noite tão fría e Cancão de Embalar. Desta forma a Catedral de Tui e O Pai Minho serán testemuñas de excepción dunha artista que coa súa voz, ha difundido polo mundo enteiro as bondades da cultura galego – portuguesa.
A entrada é gratuíta ata completar aforo.