19 de Febreiro de 2026,
Beato Álvaro de Córdoba

A catedral de Tui no programa “Polo camiño da fe”

A catedral de Tui no programa “Polo camiño da fe”
Imaxe aérea da catedral de Tui | © TVG

O programa relixioso da TVG, «Polo camiño da fe», emitido o 18 de xaneiro, quiso resaltar unha vez máis o VIII Centenario da Catedral de Santa María de Tui.

Nesta ocasión o programa interesouse en coñecer as propostas culturais que se teñen previstas con motivo de tan significativa efeméride.

Entre elas destaca a restauración do retablo de Santiago e a incorporación dunha nova vidrieira conmemorativa do 800 aniversario da catedral.

Podes ver o programa no seguinte link: https://www.agalega.gal/videos/313730-polo-camino-da-fe-18-01-2026