15 de Marzo de 2026,
Santa Luisa de Marillac

A catedral de Tui recibe unha reliquia de san Xoán de Ávila procedente de Córdoba

A catedral de Tui recibe unha reliquia de san Xoán de Ávila procedente de Córdoba
FOTO.- De izq. a drcha.: El deán de la catedral de Tui, José Diéguez, y el sacerdote comisionado de Córdoba, Miguel Varona, con la reliquia de san Juan de Ávila | © Diocese de Tui-Vigo

Durante a eucaristía celebrada o mércores 21 de agosto no templo catedralicio, o deán José Diéguez Dieppa, acompañado polo sacerdote diocesano Benito Rodríguez, recibiu doada polo bispo de Córdoba unha partícula de óso procedente das reliquias de san Xoán de Ávila, doutor da Igrexa e patrón do clero español.

O sacerdote comisionado e director do Secretariado para as Causas dos Santos da diocese de Córdoba, Miguel Varona Villar, entregou esta reliquia que conta coa certificación de autenticidade expedida polo bispo cordobés Mons. Demetrio Fernández González e que, desde agora, poderá ser venerada na capela das Reliquias do templo tudense. Ademais, a Residencia Sacerdotal da nosa Señora da Guía conta tamén con outro fragmento, máis pequeno, que foi recibido polo sacerdote Jesús Casás Otero, membro da Xunta de Goberno da Residencia Sacerdotal e encargado do oratorio.

O sacerdote Miguel Varona escribiu no libro de visitas da catedral que «unha reliquia do doutor da Igrexa san Xoán de Ávila une ás dioceses de Tui-Vigo e de Córdoba, no camiño da santidade que toda a Igrexa está chamada a percorrer; como xa fixo san Pelaio, mártir, que é o patrón do Seminario cordobés e un dos moitos froitos de santidade que Tui-Vigo ofreceu, e segue ofrecendo, ao mundo».  Ambas as dioceses están unidas grazas a san Pelaio, natural da localidade pontevedresas de Albeos, en Crecente, que, durante a época musulmá, foi martirizado en Córdoba.

Durante o día anterior á entrega da reliquia, un grupo de 40 sacerdotes ordenados na última década, procedentes da diocese cordobesa e acompañados polo seu bispo Mons, Demetrio Fernández viaxaron desde o santuario luso de Fátima ata a parroquia de Albeos, onde participaron nun intre de adoración eucarística e realizaron o rezo de Vésperas. Desde o pasado mes de xuño e ata o 26 de xuño do próximo 2025, a diocese de Córdoba celebra un Ano Xubilar dedicado a san Pelaio, sendo os seminarios Maior e Menor e a parroquia de San Pelaio Mártir, templos xubilares nos que obter a indulxencia plenaria.