25 de Xaneiro de 2025,
La conversión de San Pablo

A Catedral lucirá o seu Belén a partires da vindeira semana

A Catedral lucirá o seu Belén a partires da vindeira semana

O próximo xoves día 19 realizarase a apertura do Belén da Catedral ás 18:30h na Capela das Reliquias do propio templo catedralicio coa presenza do noso Bispo. Nesta ocasión, a Asociación Amigos da Catedral de Tui en colaboración co Cabido da Catedral organiza tamén a exposición “Beléns do mundo”, visitable a partir do mesmo día.

Este ano, o Presebe adquire especial importancia grazas á luz que aporta a este signo a recente Carta Apostólica do Papa Francisco sobre o significado e valor do Belén, que pode consultarse aquí.