24 de Abril de 2024

,

San Fidel de Sigmaringa
24 de Abril de 2024

,

San Fidel de Sigmaringa

A cidade de Vigo acompaña á virxe das Dores en procesión

A cidade de Vigo acompaña á virxe das Dores en procesión
Foto: El Cristo crucificado del templo del Sagrado Corazón de Jesús porteado por miembros de la Policía Local.

Ás 20 horas, deu comezo a “dobre” procesión que percorreu as rúas de Vigo para conmemorar a Paixón do Señor: desde a rúa Rosalía de Castro, partiron o Cristo crucificado da parroquia do Sagrado Corazón de Xesús e «A piedade» da concatedral; e, desde Praza da Igrexa, as imaxes do Santo enterro e da virxe das Dores. Ambas as procesións atopáronse no cruzamento da rúa Colón para continuar xuntas ata Porta do Sol, onde finalizou o percorrido cunha oración realizada polo bispo de Tui-Vigo, Mons. Luís Quinteiro, que expresou que «para os cristiáns, hoxe é un día de silencio, de duelo profundo pola morte de Xesús, no que acompañamos á virxe na soidade» e agradeceu a colaboración das institucións públicas, as confrarías e todo o voluntariado implicado que fixeron posible a Semana Santa.

Procesión del Encuentro— Viernes Santo 2023

Mons. Luís Quinteiro: «A cruz de Cristo é a nosa vitoria»

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp