4 de Novembro de 2024

,

San Carlos Borromeo
4 de Novembro de 2024

,

San Carlos Borromeo

A cidade de Vigo celebra a festa de María Auxiliadora

A cidade de Vigo celebra a festa de María Auxiliadora

O próximo 24 de maio, a Iglesia celebra a festa de María  Auxiliadora. A Familia Salesiana vive de maneira especial esta devoción promovida polo seu fundador, San Juan Bosco. Ao longo deste mes, dedicado pola Igrexa á Virxe María, os nosos ambientes salesianos han organizado multitude de celebracións relixiosas e outras actividades para conmemorar esta festa. Todo iso destinado a presentar aos mozos a figura de María.

O Santuario Parroquia de María  Auxiliadora, o Colexio Salesiano, o Centro Xuvenil Abertal e a Plataforma Social  Teranga, xunto coa Comunidade Salesiana do Colexio Hogar e a das Salesianas de  Coia realizaron actividades para honrar a tan boa Nai.

O Santuario de María  Auxiliadora celebrou solemnemente a novena ambientada por grupos parroquiais, tamén participaron o Coro Parroquial e as corais “ Enarmonía”, Coro Clásico de Vigo e Coral de María  Auxiliadora e Coro Parroquial. Predicou a novena o  Rvdo.  P. D. Pascual Chávez Villanueva, Reitor Maior Emérito dos Salesianos desde o ano 2002 ao 2014.

Este ano, coas medidas oportunas pola pandemia, a data sinalada do 24 de maio organizouse con estes detalles:

  • Misas:
    • pola mañá: ás 8, 9 ,10, 11, 12, 13.
    • pola tarde renóvanse ás 17 e 18 horas. A misa solemne será ás 7 da tarde, presidida polo Sr. Bispo da nosa diocese D. Luís Quinteiro Fiuza. Seguirán outras ás 20 e 21 horas.
  • Veneración das imaxes:
    • De cinco a nove da tarde poderanse visitar no patio do Colexio as imaxes de María  Auxiliadora, D. Bosco e Domingo Savio que outros ano  procesionan pola nosa cidade neste día.

A figura de María  Auxiliadora queda sempre dentro da educación cristiá que os ambientes salesianos achegan no seu ideario. Os destinatarios fanse a esta devoción, que conservan como un dos mellores recordos da súa formación. Así a data do 24 de maio e a devoción a María  Auxiliadora dos cristiáns, énchelles e é un reclamo para a súa vida cristiá.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp