5 de Outubro de 2024

,

Santa María Faustina Kowalska
5 de Outubro de 2024

,

Santa María Faustina Kowalska

A cidade de Vigo inaugura a Semana Santa coa lectura do pregón

A cidade de Vigo inaugura a Semana Santa coa lectura do pregón

O vindeiro xoves 7 de abril, ás 19:30 horas, o arcebispo de Santiago de Compostela, Mons. Julián. Barrio Barrio, proclamará o pregón da Semana Santa viguesa na concatedral-basílica de Santa María, tal e como xa anunciou a delegación episcopal para a Semana Santa de Vigo o pasado mes de febreiro.

A elección do pregoeiro non foi fortuíta. Ademais do interese do bispo e os seus colaboradores por poñer en valor o sentido relixioso da Semana Santa da nosa cidade, elixindo para iso a persoas que contribúan coa súa autoridade a ese obxectivo, nun contexto marcado polo Ano Santo Xacobeo que o papa Francisco, debido á crise sanitaria provocada pola pandemia, decidiu prorrogar ata decembro de 2022. Ninguén mellor que o Arcebispo compostelán para proclamar entre nós a importancia para a vida cristiá de tantas tradicións e costumes da relixiosidade popular como son as peregrinacións, as procesións ou as sinxelas devocións da semana maior do calendario cristián.

A través da delegación para a Semana Santa de Vigo que, desde xullo de 2021, preside o avogado Carlos Borrás Díaz de Rábago, a diocese de Tui-Vigo quere dinamizar espiritualmente as manifestacións relixiosas nas parroquias do Concello vigués e impulsar as expresións de fe na semana principal do calendario cristián. Para iso estanse mantendo diversas reunións de coordinación cos párrocos da cidade, así como diversas confrarías e asociacións de fieis, a fin de canalizar adecuadamente eses propósitos.  

Ademais da organización do pregón, a delegación para a Semana Santa de Vigo, en colaboración co Concello de Vigo, preparou a organización dos distintos actos para esta semana que poden consultarse na web diocesana a través da seguinte ligazón.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp