A parroquia de San Mamede de Priegue, no arciprestado de Miñor, celebrou o pasado venres as súas confirmacións. Pablo Dacosta, Carlos Collazo, Carlos González, Xiana Cabaleiro, Erika Vitoria Acuña e María Clara Sánchez integrábanse de forma plena na comunidade cristiá ao recibir este sacramento.
O párroco, don Juan Carlos Sendón, acompañou ao noso bispo don Luís durante esta celebración que foi posposta durante os meses de confinamento a causa do coronavirus.
Como no caso de San Mamede de Priegue, as parroquias da nosa dióceis retomaron a celebración dos sacramentos cancelados desde o mes de xullo. Estas celebracións deben oficiarse teniendo en cuenta as medidas de seguridade e hixiene propias para esta pandemia.
Normativas COVID para a confirmación
Desde a Comisión Executiva da Conferencia Episcopal Española (CEE), publicaron as medidas de prevención para a celebración do culto público en tempo de pandemia, o 29 de abril.
A Diocese de Tui-Vigo mantivo vixente estas normas, xa que nelas especifícanse as medidas, non só para o culto público, senón para a celebración dos diferentes sacramentos. Neste sentido, ademais das medidas de carácter xeral (aforo limitado, máscara obrigatoria, etc.), durante lle momento da crismación pódese utilizar un algodón ou bastoncillo, como se indicou no caso do bautismo; cando haxa varios confirmandos, é imprescindible a hixiene de mans entre cada contacto.