28 de Marzo de 2024

,

San Sixto III
28 de Marzo de 2024

,

San Sixto III

A comunidade parroquial de Soutomaior ábrese á caridade

A comunidade parroquial de Soutomaior ábrese á caridade
Foto: Mons. Luis Quinteiro Fiuza y el equipo de la Cáritas parroquial de Soutomaior, acompañados por el presidente de Cáritas diocesana

A comunidade parroquial de Soutomaior conseguiu levar a cabo dunha das accións propostas no Plan Pastoral do curso 2021-2022, «fortaleces a rede diocesana de Cáritas», mediante a creación dun equipo de Cáritas parroquial que, o pasado sábado, 11 de novembro, inaugurou, de maneira oficial, o plan de actividades caritativas previsto para este novo curso cunha eucaristía que presidiu o bispo de Tui-Vigo, Mons. Luís Quinteiro, e que contou coa presenza do presidente da institución diocesana, Gonzalo Davila.

Ante a falta dun recurso deste tipo próxima a este parroquia rural —a Cáritas máis próxima está situada en Arcade—, comeza a fraguarse esta iniciativa en abril de 2022, co acompañamento e a formación impartida desde o Programa de Animación Comunitaria ofrecido desde Cáritas de Tui-Vigo a todas as parroquias da xeografía diocesana. Antía Ferreiro, coordinadora do equipo parroquial de Cáritas, explica que a formación nos axudou moito a abrir miras de cara a coñecer o que é Cáritas hoxe, na actualidade, o que realmente fai falta. Non é só ofrecer comida ou diñeiro, senón que hai outras moitas cousas que a comunidade necesita e que nós podemos ofrecer para axudar».

Neste primeiro curso, a Cáritas parroquial de Soutomaior centrarase, tal e como explica a súa coordinadora, en «combater a soidade que poida haber na nosa parroquia», para iso están a elaborar unha serie de talleres lúdicos, como o bingo, de risoterapia ou de mellora da capacidade cognitiva da súa poboación diana formada, na súa práctica totalidade, por persoas maiores. Polo momento, o equipo que levará a cabo todas estas iniciativas configúrano catro mulleres, Antía, Marcelina, Rocío e María José, acompañadas polo seu párroco, Gabriel Gómez, pero como manifesta Ferreiro «o noso proxecto de futuro, e onde estamos a mirar, é que todo o mundo que queira achegarse, botar unha man e colaborar está máis que benvido».

Durante  a celebración inaugural do pasado 11 de novembro, o prelado de Tui-Vigo manifestou que «a Igrexa hoxe dáse conta de que a misión esencial dunha comunidade cristiá é abrirse á caridade. Por tanto, unha comunidade cristiá está chamada a organizar a caridade, a desenvolver a dimensión caritativa da súa asemblea». A parroquia de Soutomaior ábrese, así, a esa dimensión da caridade para encarnar o misterio de Xesús na realidade cotiá das persoas da comunidade que alí peregrina.

Presentación de la Cáritas parroquial de Soutomaior | © Diocese de Tui-Vigo
Mons. Luis Quinteiro Fiuza, obispo de Tui-Vigo, presidió la eucaristía en el templo parroquial de San Salvador con motivo de la presentación de la nueva Cáritas parroquial
« de 20 »
Facebook
Twitter
Email
WhatsApp