9 de Decembro de 2024

,

San Juan Diego
9 de Decembro de 2024

,

San Juan Diego

A CONFER de Tui-Vigo organiza un retiro de Advento

A CONFER de Tui-Vigo organiza un retiro de Advento

O sábado 30 de novembroa 10.00 horas, no Seminario Maior «San Xosé» en Vigo, a CONFER de Tui-Vigo organiza un retiro de Advento que impartirá a relixiosa Ana María Belén Verísimo García, OP, baixo o lema «Unha luz na noite». O retiro finalizará coa eucaristía que se celebrará ás 16.00 horas. 

As comunidades relixiosas interesadas en participar nesta experiencia deben inscribirse a través do   número de teléfono 627 645 750 ou a través do correo electrónico tui_vigo.secretaria@confer.es. A inscrición ten un custo de 20 euros que inclúe a comida.

Estes retiros, que se realizan durante os períodos do ano litúrxico de Advento e Coresma —antesala dos grandes acontecementos da fe: Nadal e Pascua—, ofrecen un espazo que axuda a vivir con gozo e esperanza os desafíos e oportunidades da actualidade, tal e como a CONFER pon de manifesto na Programación Pastoral para o curso 2024-2025.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp