O xoves 12 de decembro, ás 17.30 horas, no templo parroquial do Corazón de María en Vigo, a delegación diocesana da CONFER organiza unha convivencia de Nadal para todas as comunidades de vida consagrada, presentes no territorio da diocese de Tui-Vigo. As Fillas da Divina Pastora (Calansancias), que este ano celebran o centenario da pascua do seu fundador o P. Faustino Míguez, serán as encargadas de animar o momento de oración.
Durante este curso pastoral, a CONFER da diocese de Tui-Vigo quere «esforzarse no camiño como Igrexa que se prepara para o Xubileu 2025 e o camiñar renovado da nosa comunidade eclesial local». Así, esta convivencia de Nadal enmárcase dentro do primeiro obxectivo establecido na Programación Pastoral 2024-2025: «facer propostas que axuden a vivir con gozo e esperanza o tempo actual cos seus desafíos e oportunidades».