14 de Abril de 2026,
San Telmo

A CONFER de Tui-Vigo organizou unha peregrinación xubilar á  Franqueira

A CONFER de Tui-Vigo organizou unha peregrinación xubilar á  Franqueira
FOTO.- Religiosos y religiosas en el santuario de A Franqueira | © CONFER de Tui-Vigo

O pasado sábado 7 de xuño, a CONFER de Tui-Vigo organizou unha peregrinación xubilar ao santuario da Nosa Señora da Franqueira, para celebrar así, o final do curso pastoral. A irmá Rosa, HMA, comparte un breve testemuño da xornada na que, ademais dos momentos de oración, tamén houbo lugar para visitar Ribadavia.

O sábado 7 de xuño, amencía asollado despois duns días de choiva. A CONFER de Tui – Vigo preparábase, co entusiasmo que lle caracteriza, para iniciar a excursión de fin de curso. Este ano, é especial, porque coincidindo co ano xubilar, que leva como lema «Peregrinos de esperanza », decidiuse gañar xuntos o Xubileu cunha peregrinación ao santuario da nosa Señora da Franqueira, decretado un dos catro templos xubilases da diocese tudense.

Na Franqueira esperábanos o párroco, Javier Alonso do Campo, que nos acolleu  con alegría. Como peregrinos, comezamos a xornada con unha procesión, desexando de unir noso camiñar como irmáns e irmás neste ano xubilar. Posteriormente, celebramos xuntos a eucaristía presidida polo presidente diocesano da CONFER, o sacerdote dominico Edgardo Quintana, e concelebrada por varios relixiosos sacerdotes.

Finalizada a eucaristía, puxémonos en camiño cara a Ribadavia. Alí, puidemos admirar a beleza dos viñedos de Viña Costeira e gozar dunhas vistas incribles do río Miño, rodeado da maxia do Ribeiro; tamén gozamos das súas adegas e descubrimos o proceso de elaboración dos seus produtos, degustando ao final algún dos seus viños. A continuación, compartimos o xantar.

Pola tarde, visitamos Ribadavia, unha das vilas máis interesantes de Galicia en canto á presenza dunha gran cantidade de monumentos históricos e a conservación dunha boa parte da súa arquitectura relixiosa, popular e nobiliaria.  Durante o noso percorrido, puidemos coñecer diversos templos —Santo Domingo, o da Virxe do Portal, o de San Xoán ou a igrexa de Santiago— e visitar a torre do campanario na praza maior. Unha marabilla!

Para terminar a nosa excursión, como broche de ouro, fomos ver as impresionantes ruínas do mosteiro de Melón.

Agradecemos a oportunidade de poder gozar de tanta riqueza xuntos, creando fraternidade e camiñando en sinodalidad.

Irmá Rosa (HMA)