O xoves 12 de decembro, no templo parroquial do Corazón de María, a CONFER de Tui-Vigo organizou unha convivencia de Nadal para fortalecer a unión entre as diferentes comunidades de vida consagrada presentes no territorio diocesano. As Fillas da Divina Pastora (Calansancias), que este ano celebran o centenario da pascua do seu fundador o P. Faustino Míguez, foron as encargadas de animar o momento de oración. Durante a merenda, homenaxeouse ao pai Joaquín, relixioso de San Xoán de Deus, que celebraba o seu 85 aniversario.
Previamente a este encontro de carácter festivo, a CONFER tamén organizou un retiro de Advento, o pasado mes de novembro, no Seminario Maior «San Xosé», en Vigo. Baixo o título «Unha luz na noite», a irmá Ana Belén Verísimo García, OP, animou o momento de reflexión.
Ambos os encontros que, desde hai anos, realízanse de forma habitual na diocese de Tui-Vigo, ofrecen un espazo que axuda a vivir con gozo e esperanza os desafíos e oportunidades da actualidade, tal e como a CONFER pon de manifesto na Programación Pastoral para o curso 2024-2025.