3/02/2023

,

San Blas
3/02/2023

,

San Blas

A confraría do Apóstolo Santiago celebra a festa da Translación

A confraría do Apóstolo Santiago celebra a festa da Translación

O venres 30 de decembro, ás 19.30 horas, no templo parroquial de Santiago o Maior de Vigo, a confraría de Santiago Apóstolo celebra a festa da translación, coa que se conmemora o traslado dos restos do apóstolo desde Xerusalén ata Compostela, tras a súa morte por mandato do rei Agripa I, segundo conta a tradición cristiá. 

Durante a celebración, terá lugar o acto de imposición de medallas a novos confrades que, a partir do venres, pasarán a formar parte da confraría comprometéndose así a fomentar o culto ao Apóstolo Santiago, estimular a peregrinación na súa dimensión cristiá e prestar atención e orientación aos peregrinos.

Esta confraría, fundada no ano 2000, conta na actualidade con máis de oitenta membros que, ao longo de todo o ano, tratan de promover o culto ao apóstolo, sobre todo, con motivo dos seus tres grandes celebracións:  a aparición en Clavijo, o 23 de maio; a solemnidade do Apóstolo, o 25 de xullo; e a translación dos seus restos, o 30 de decembro.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp