O domingo 9 de febreiro, ás 12.30 horas, o templo parroquial de Santiago o Maior de Vigo acolleu a eucaristía solemne con motivo do 25 aniversario da creación da confraría do Apóstolo Santiago. A celebración foi unha oportunidade para dar grazas polo compromiso de todos os confrades que promoven o culto ao apóstolo na diocese de Tui-Vigo. Ademais, o próximo 20 de febreriro, ás 18.00 horas, está convocada a Asemblea Xeral da confraría nos locais parroquiais de Santiago de Vigo.
A confraría de Santiago de Vigo, que na actualidade conta con 139 membros, naceu no ano 2000 para promover o culto ao apóstolo, sobre todo, con motivo dos seus tres grandes celebracións: a aparición en Clavijo, o 23 de maio; a solemnidade do Apóstolo, o 25 de xullo; e a translación dos seus restos, o 30 de decembro. Desde o pasado ano 2024, a confraría viguesa, que está agregada á Archicofradía Universal do Glorioso Apóstolo Santiago, con sede en Compostela, estívose preparando para a celebración desta efeméride, é dicir, o 25 aniversario da súa fundación.

