25 de Abril de 2024

,

San Marcos
25 de Abril de 2024

,

San Marcos

A confraría do Cristo da Vitoria nomea confrade de honor ao R.C. Celta de Vigo

A confraría do Cristo da Vitoria nomea confrade de honor ao R.C. Celta de Vigo
Foto: © R.C. Celta de Vigo

A entrega do título terá lugar na concatedral-basílica este venres 4 de agosto

A Confraría do Santísimo Cristo da Vitoria acordou conceder o título de confrade de honor ao Real Club Celta de Vigo, con ocasión do seu centenario e en recoñecemento á súa meritoria traxectoria e contribución ao desenvolvemento da nosa cidade e aos fins da Confraría, plasmada, entre outras, na súa desinteresada colaboración en todos os eventos para os que, ao longo de  os anos, necesitou a súa presenza.

A Confraría quere manifestar a súa ilusión ante a entrega deste título, pois o Real Club Celta de Vigo e a Confraría do Santísimo Cristo da Vitoria son dúas institucións historicamente presentes na nosa cidade e de gran arraigamento entre os vigueses.

A entrega do título de Confrade de Honra terá lugar o vindeiro venres día 4, ás 20 horas, na concatedral-basílica de Vigo.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp