19 de Febreiro de 2026,
Beato Álvaro de Córdoba

A confraría do Silencio celebra unha misa polos seus confrades defuntos

A confraría do Silencio celebra unha misa polos seus confrades defuntos

Enmarcada no 80 aniversario da súa fundación, a confraría do Noso Padre Xesús Nazareno do Silencio, Inmaculada Virxe da Amargura e Cristo da fe celebra unha misa en memoria dos seus confrades falecidos no último ano e «en recordo de todos aqueles que nos deixaron o seu legado do “espírito confrade” ao longo da nosa historia», explican nun comunicado. A celebración terá lugar no templo parroquial de Santiago o Maior de Vigo, sede canónica da confraría, o venres 14 de novembro, ás 19 :30 horas.

O 22 de novembro de 1945, o bispo da diocese tudense, monseñor frei José López Ortiz, OSA, aprobou a constitución da confraría do noso Padre Xesús Nazareno do Silencio, Inmaculada Virxe da Amargura e Cristo da Fe, cuxa primeira sede estivo radicada no colexio do Ensino. No ano 1970, a sede foi trasladada ao templo parroquial de Santiago de Vigo, onde se atopan os titulares da confraría: san Xoán e o Santísimo Cristo da Fe.