30/11/2022

,

San Andrés
30/11/2022

,

San Andrés

A Congregación das Fillas de Xesús celebra o seu 150º aniversario coa publicación do disco «A audacia do corazón»

A Congregación das Fillas de Xesús celebra o seu 150º aniversario coa publicación do disco «A audacia do corazón»
Foto: Cartel promocional del concierto «La audacia del corazón».

Este xoves, 2 de xuño, ás 20 horas no Teatro Cinema Salesianos, a Congregación das Fillas de Xesús celebra o 150º aniversario da súa fundación coa presentación en concerto do disco «La audacia del Corazón», que inclúe cancións que falan do labor da Nai Cándida, fundadora da Congregación. As entradas están dispoñibles xa a través da plataforma Ataquilla por un custo de 4 euros.

Con este concerto inaugural na cidade olívica, comeza a xira que levará a diversos artistas, músicos, da diocese de Tui-Vigo —Ruben de Lis, compositor e interprete do himno da  PEJ,   Mingos Lorenzo, mozo  chapelano que colabora asiduamente coa Pastoral Xuvenil, ou o profesor vigués Manu Escudero, que conta xa con tres discos publicados— por toda España para dar a coñecer a verdade do Evanxeo a través da vida da irmá Cándida. Ademais, no concerto participarán outros cantautores católicos como Paco Aranda, Álvaro Fraile,  Yadhira,  Ruah ou David de Amo.

Desde a organización, insisten en que se trata dun concerto aberto a todo o público en xeral, crentes ou non crentes, “porque o disco, aínda que nalgunha canción fálase da fundadora, ten un carácter universal; uns temas frescos, que enganchan e que convidan a vivir a vida como se nos convida no Evanxeo”.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp