20 de Abril de 2024

,

Santa Inés de Montepulciano
20 de Abril de 2024

,

Santa Inés de Montepulciano

A delegación de Apostolado Segrar organiza unha convivencia diocesana de verán

A delegación de Apostolado Segrar organiza unha convivencia diocesana de verán

O venres 1 xullo, de 10:30 a 19 horas, a delegación de Apostolado  Segrar, en colaboración coas delegacións de Catequeses e Pastoral Vocacional, convida a nenos e nenas de 8 a 12 anos a participar na convivencia de verán que terá lugar no colexio de Santa María de Tui —Maristas— para coñecer e compartir un momento lúdico con outros nenos e nenas provenientes doutras parroquias e  realizades diocesanas.

Desde a organización lembran que será necesario levar comida, traxe de baño e roupa cómoda para realizar diversas actividades lúdicas. As familias que desexen participar nesta convivencia poden inscribirse ou solicitar información a través dos números de teléfono:  689669157 ou 660257548.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp