O sábado 6 de maio, de 10.15 a 13.30 horas, no Seminario Maior «San José», a diocese de Tui-Vigo, a través da delegación de Catequese, convoca unha Asemblea Diocesana de Catequistas co obxectivo de crear un espazo de encontro para compartir, experiencias, testemuños, oración e formación entre todos os axentes de pastoral involucrados nas diferentes catequeses que nenos e mozos reciben durante o seu proceso formación para recibir os sacramentos de iniciación cristiá —Bautismo, Comuñón e Confirmación—. O bispo de Tui-Vigo, Mons. Luís Quinteiro, tamén asistirá a este encontro diocesano.
Grazas á enquisa realizada durante a asemblea do pasado ano, a delegación de Catequese puido responder á demanda dos catequistas que buscan coñecer novos métodos catequéticos e pedagóxicos, para renovar as sesións formativas con nenos e mozos. Así, na Asemblea Diocesana de Catequistas presentarase o método que desenvolveu o editorial PPC, baseado na metodoloxía Montessori: «Vide e veredes».
A delegación diocesana de Catequese, ademais de crear espazos de encontro para os catequistas, tamén quere convoca o primeiro Encontro Diocesano da Catequese co que ofrecer un espazo de confraternización entre todos os catequizados das parroquias, xunto a párrocos e catequistas. O encontro, que está dirixido a nenos e adolescentes, terá lugar no colexio Maristas de Tui, o sábado 20 de maio, de 10.30 a 19 horas.
Con ambos os encontros, a delegación de Catequese conclúe un ano marcado pola posta en marcha das Escolas de Catequistas por zonas co obxectivo de crear unha rede de contacto entre os diferentes axentes de pastoral involucrados na catequese e, ao mesmo tempo, fortalecer a súa formación. En total, desenvolvéronse tres sesións formativas en catro puntos diferentes do territorio diocesano —A Ramallosa, O Porriño, Redondela e Vigo—.
Segundo os datos oficiais do ano 2021, na diocese de Tui-Vigo bautizáronse 1.273 nenos e nenas; recibiron a súa primeira comuñón 1.379 nenos e nenas; administrouse o sacramento da Confirmación a 628 mozos. Todo iso é posible grazas aos máis 500 catequistas que se encargan da formación dos nenos e adolescentes que, semanalmente, acoden a catequeses.