10 de Outubro de 2024

,

Santo Tomás de Villanueva
10 de Outubro de 2024

,

Santo Tomás de Villanueva

A delegación de Catequese organiza unha Asemblea de Catequista

A delegación de Catequese organiza unha Asemblea de Catequista

O vindeiro sábado 28 de maio, ás 10 horas, no Seminario Maior de Vigo, a delegación de Catequese da diocese de Tui-Vigo organiza unha Asemblea de Catequistas co obxectivo de crear un espazo de encontro para dialogar, formarse e confraternizar con todas as persoas que, cada domingo, contribúen á formación espiritual de centenares de mozos e nenos que se preparan para recibir o  sacramento da Primeira Comuñón ou da  Confirmación.

A Asemblea constará dun primeiro momento de formación sobre o Novo Directorio para a Catequese publicado a finais de 2020, no medio da pandemia da Covid-19. O encargado de impartir esta sesión formativa será Miguel López Varela, delegado de Catequese da arquidiocese de Santiago de Compostela e membro da comisión que se encargou de desenvolver o texto do novo directorio. Tal e como explicou Gonzalo Otero, delegado diocesano de Catequese, trátase dunha oportunidade para coñecer un documento cargado de novos retos e ilusións, que pasou completamente desapercibido.

Tamén haberá oportunidade de escoitar diferentes testemuños de catequistas de diferentes realidades e idades da nosa realidade diocesana. Finalmente, o bispo de Tui-Vigo,  Mons. Luís Quinteiro, pechará a xornada compartindo un intre de oración cos asistentes.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp